Unitaria Tenda

CRISTINA GARCÍA RODERO. O Proceso Creativo dunha Reporteira

265 EUR
CRISTINA GARCÍA RODERO. O Proceso Creativo dunha Reporteira
Haz clic en la imagen para verla a tamaño completo

CRISTINA GARCÍA RODERO. O Proceso Creativo dunha Reporteira

265 EUR
Impartido por: Cristina García Rodero
Duración: 12h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h o sábado e de de 10h a 14h o domingo
N.º de prazas: 20
Cuota de inscrición: 265 €
Datas: 10 e 11 de novembro de 2018


DESCRICIÓN
Cristina García Rodero, fotógrafa da Axencia Magnum,falará da experiencia vivida durante máis de 40 anos como fotógrafa documental, así como da súa traxectoria, a súa metodoloxía técnica e o proceso creativo de traballo desenvolvido durante estes anos. Centrarase nunha selección dos seus temas máis importantes, os países visitados, a procura de estilo, a edición dos seus libros e exposicións mostrándoos a través de audiovisuales como España
Oculta, Refuxiados Albanokosovares, Cuba, Rituais en Haití, María Lionza, Entre o Ceo e a Terra, e ensaios fotográficos como Kumb Mela e Holi (India), Lalibela (Etiopía), Culto ao
Neno Fidencio e Vea dos Muxes (México), Culto a Yemanyá (Brasil), nos que capta a intensidade, a beleza e a forza dos antigos e novos rituais.
Interesada sempre no comportamento humano e na esencia do home; corpo e espírito, sérvenlle de base para falar das dualidades e contradicións da vida,poñendo de manifesto os cambios políticos e económicos, as necesidades actuais e os conflitos sociais.